O BNG plantexa unha proposición non de lei sobre o futuro de Alcoa

TerraChaXa | LugoXa
6 sep 2019

Tras a Xunta de portavoces para elaborar a orde do día do primeiro pleno do novo curso político, a  viceportavoz do BNG, Olalla Rodil anunciou que o BNG preguntará ao presidente da Xunta polo balance que deixa o seu Goberno. Entre as principais eivas destaca a profunda crise industrial no sector das electrointensivas en Alcoa, Ferrotlántica” ao que sumou a  incesante deslocalización de empresas. Rodil tamén avanzou algunhas das iniciativas que o BNG levará ao pleno entre as que destacou a  Proposición non de lei sobre a situación e futuro da factoría de Alcoa en San Cibrao (A Mariña). 

A nacionalista afirmou que “Galiza necesita feitos e menos palabras” e criticou que Feixóo continúe na senda “da publicidade e propaganda” a pesar  dos graves problemas que afectan a Galiza entre os que destacou, unha crise demográfica, que lonxe de paliar os seus efectos segue agravándose, dixo, así como a renuncia de Feixóo ao aotogoberno con cero competencias transferidas en dez anos e un sistema de financiamento que asinou no ano 2009 e do agora se laia, matiza.

Rodil reiterou que os problemas de Galiza, non se soluciona con “publicidade, propaganda e manipulación informativa”, por iso dende o BNG preguntaremos que pensa facer o presidente da Xunta no que resta de lexislatura. Seguirá igual? “poñendose de perfil ou vai a asumir a súa responsabilidade e cambiar de rumbo”. 

Galiza precisa  acción política e non espectáculo. “Máis aínda nun contexto como o actual, de crise institucional no Estado español, que está a crear graves problemas no noso país”, recalcou.

En relación á crise no Estado, o bloqueo político que manteñen as forzas estatais e ás consecuencias negativas que esta situación está a xerar en galiza tante a ausencia dunha axenda política en Madrid e a defensa dos intereses de todos os galegos e galegas,  a videportavoz nacionalista adiantou que o BNG defenderá unha proposición non de lei sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno central para recuperar os investimentos pendentes en materia de infraestruturas. Sobre este extremo denunciou “o agravio” a Galiza ante a execución orzamentaria entre 2015 e 2019 en materia de infraestruturas que cifrou en 1.5000 M€ para melloras do ferrocarril.

Finalmente, Olalla Rodil tamén se referiu á comparecencia da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, comparecencia, dixo, que foi reclamada polo BNG para que explique a situación dos vecinos e veciñas da illa de Ons. O BNG defenderá que se garantan os dereitos da veciñanza gravemente prexudicada polas limitacións da Xunta de Galiza para o acceso á Illa.

O peche de camas nos hospitais no período estival e a situación dos traballadores e traballadoras de R tamén serán tratados no vindeiro pleno á iniciativa do BNG.

 

0.10704302787781