O BNG pontés denuncia a destrución dun osario datado no ano 1868

TerraChaXa
O BNG das Pontes acusou ao goberno local de destruír un osario patrimonio cultural do municipio, refírense ás obras que o Concello acometeu na parroquia de San Xoán do Freixo, para a rehabilitación da contorna da igrexa parroquial.
31 Maio 2019

As obras, xa executadas segundo din os nacionalistas, consistiron no derrube dun muro do antigo cemiterio no que se atopa un osario cuxa inscrición é de 1868, para substituílo por outro de formigón.

Os nacionalistas, demandaban a paralización das obras, e aseguran que intentaron acceder á autorización da Xunta e ao permiso do Obispado desde o Concello "mais non foi posíible" polo que rexistraron por escrito a súa solicitude ante a Xunta e a propia administración local.

0.19526696205139