O BNG presenta na Pastoriza as súas propostas para o sector lácteo

TerraChaXa
Falarán Mini Rivas, deputado no Parlamento galego e Elva Carrera, tenente de alcalde da Pastoriza e portavoz municipal do BNG
ACTO PUBLICO SECTOR LACTEO BNG PASTORIZA PORTADA
16 Mar 2022

O Bloque Nacionalista Galego na Pastoriza organiza un acto público sobre a situación actual do sector lácteo e as propostas da organización ante as circunstancias que está a vivir o sector.

Contará coa participación do deputado no Parlamento galego, Xosé Luis Mini Rivas e a tenente de alcalde e portavoz do BNG, Elva Carrera. Celebrarase o mércores 16 de marzo, ás 12 horas, na casa da música (antiga cámara agraria) da Pastoriza.

Elva Carrera declarou a necesidade deste tipo de acto público coa veciñanza “na Pastoriza temos unha das maiores cargas gandeiras de leite de Galiza e a situación no sector esta sendo moi difícil, por isto, desde o BNG consideramos fundamental darlle respostas e organizar este acto”.

Así mesmo, a tenente de alcalde e portavoz do BNG na Pastoriza animou a veciñanza a asistir a este acto “desde o BNG convidamos a todas aquelas persoas para que coñezan as nosas propostas de presente e futuro sobre o sector, as que o noso deputado Mini Rivas poñerá todos os datos e as iniciativas que o BNG xa desenvolveu ante o Parlamento galego” sinalou Elva Carrera.
O BNG está a celebrar este tipo de actos públicos co sector do leite por toda Galiza, para amosar as súas propostas perante o encarecemento das materias primas como son os cereais, pensos, carburantes, entre outros, e a falta de prezos xustos na produción gandeira.

0.21230506896973