O BNG presenta no Parlamento iniciativas para impulsar o polígono industrial de Muras

TerraChaXa
O grupo parlamentario pide avanzar no proxecto iniciado en 2018 e lembra o interese mostrado por empresas do sector do plástico para asentarse no municipio
Ana ponton en muras
13 Nov 2025

O BNG presentou no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas coa intención de avanzar no desenvolvemento do polígono industrial de Muras, un proxecto que o Concello iniciou no ano 2018. As propostas inclúen proposicións non de lei tanto para pleno como para comisión, ademais de preguntas para resposta oral e escrita. Todas elas serán defendidas polo deputado mariñao Daniel Castro.

Segundo explicou o parlamentario, o obxectivo das iniciativas é que se continúe o traballo necesario para poñer en marcha o polígono, tendo en conta que existe un notable interese de empresas, especialmente do sector do plástico (como o Grupo Plásticos Ferro) por dispoñer de espazo industrial no municipio para poder ampliar actividade e crear emprego.

Castro lembrou que o Concello foi avanzando ao longo destes anos nos informes e trámites precisos para que o polígono poida ser unha realidade. Neste sentido, o BNG considera que contar con solo empresarial en Muras contribuiría ao desenvolvemento económico da zona e á creación de novas oportunidades laborais, un aspecto que cualifican de relevante para as áreas do interior de Galiza afectadas polo despoboamento.

⚙ Configurar cookies
0.069153070449829