O BNG presentará alegacións ao parque eólico Levante

Pol
TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa
A deputada por Lugo no Parlamentogalego, Olalla Rodil, anunciou que o BNG presentará alegacións adiversos proxectos eólicos Levante
stopa eolico na marina
2 Xuño 2022

Este parque eólico afecta aos concellos de Triacastela, As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleira e Pol. Olalla Rodil “precisamos outro modelo enerxético que garanta os dereitos medioambientais e sociais da produción enerxética”.

A deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, anunciou que o BNG presentará alegacións a diversos proxectos eólicos que se están a desenvolver nas terras e comarcas de Lugo.

“As grandes corporacións enerxéticas continúan a espoliar os nosos recursos, mentres nós estamos a pagar a factura máis cara” declarou a deputada Olalla Rodil, no que sinalou “de cada 100 euros de xerados só 5 euros reverten na veciñanza, isto ten que cambiar, é un roubo”

Neste senso, Olalla Rodil destacou a situación do parque eólico Levante, o que afectará aos concellos de Triacastela, As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleira e Pol.

“Este proxecto afecta a milleiros de persoas que viven e traballan do campo ou noutras actividades directas co territorio, cunha afección directa no Camiño de Santiago e graves impactos na contorna natural, como o propio nacemento do río Eo” explicou Rodil

Olalla Rodil fixo fincapé en que este proxecto eólico competente do Estado está a ocasionar unha grave preocupación na veciñanza afectada “o Goberno debe escoitar as consideracións da veciñanza afectada a que está moi atemorizada polos impactos que pode ocasionar, tanto medioambientais como económicos, sobre todo polo peso da actividade agro gandeira”

O BNG aposta por un novo modelo, pensado desde Galiza no que se protexan os espazos naturais e que os beneficios producidos pola produción revertan nas galegas e galegos, como por exemplo, a aplicación dunha tarifa eléctrica galega que abarate o prezo da luz.

Mobilización social “Temos Alternativa: enerxía xusta e sustentábel”

Olalla Rodil animou a participar na mobilización deste 5 de xuño en Compostela na convocatoria da coordinadora Eólica Así Non.

“Convidamos a participar na mobilización das plataformas sociais de Galiza para dicir alto e claro que outro modelo enerxético é necesario e posíbel, un modelo que sexa participativo e para que os beneficios retornen en nós, e non nos petos de catro multinacionais” declarou Rodil.

0.12321901321411