O BNG propón avanzar no Plan Único cos orzamentos de 2018 da Deputación

TerraChaXa
O BNG propón avanzar no Plan Único de axudas aos concellos por parte da Deputación posto en marcha no ano 2017.
Xosé Ferreiro, voceiro do BNG na Deputación Provincial.
25 Nov 2017

O BNG propón avanzar no Plan Único de axudas aos concellos por parte da Deputación posto en marcha no ano 2017. O voceiro do BNG no organismo provincial, Xosé Ferreiro, dixo que “mentres as Deputacións non desaparezan traballaremos para que sirvan para apoiar aos concellos con máis dificultades, por que para iso foron creadas no seu momento”. Ferreiro explicou que “ coa nosa iniciativa cuadriplicáronse as aportacións que recibiron os concellos dende a Deputación no ano 2017 e hai que continuar nesta liña por que é positiva para as veciñas e veciños”.

Ferreiro sinalou que “a nosa proposta elimina as discriminacións dos concellos pola cor política, un concello de 5.000 habitantes pasaron de recibir 100.000 euros a recibir 400.000 da Deputación”. Xosé Ferreiro destacou que “o BNG traballou para acadar mecanismos para que o reparto dos fondos fose totalmente obxectivo e evitar os repartos a dedo dos fondos das Deputacións e conseguímolo”. Segundo Ferreiro “foi unha proposta revolucionaria do BNG que beneficia a todos os concellos contamos co apoio de todos os grupos políticos e por iso creemos que hai que continuar con esta liña”. “A satisfacción amosada con este plan que propuxo o BNG no 2017 por todas as forzas políticas significa que funciona para ben da veciñanza” dixo Ferreiro.

Exemplo para as administracións gobernadas polo PP
Xosé Ferreiro sinalou o gran avance que a aplicación do Plan Único, proposto no seu día polo BNG, supuxo para as administracións locais e dixo que “debería exemplo para as administracións gobernadas polo PP nas que se continúan a aplicar criterios sectarios e partidistas á hora do reparto de fondos públicos”. Ferreiro referiuse especialmente á Xunta de Galiza e ao reparto “a dedo” de subvencións que está a realizar o actual Delgado Provincial entre os concellos gobernados por certo sector do partido popular.

0.16132593154907