O BNG reclama o arranxo da sala de espera de pediatría do Centro de Saúde de Castro Ribeiras de Lea
TerraChaXa
A portavoz do BNG no concello de Castro de Rei, Digna Lagarón, denunciou o estado da sala de espera de pediatría do Centro de Saúde de Castro Ribeiras de Lea.
17 Abr 2019
A portavoz do BNG no concello de Castro de Rei, Digna Lagarón, denunciou o estado da sala de espera de pediatría do Centro de Saúde de Castro Ribeiras de Lea. “Esta sala leva varios meses nun estado lamentable, debido a unha fuga no sistema de calefacción”, indicou Digna Lagarón, e engadiu “dende o Concello coñecen este problema, máis en lugar de amañalo, ocultárono tras uns mobles”.
A fuga no sistema de calefacción provocou danos no pavimento dalgunhas salas e o conseguinte deterioro do inmoble. Para o BNG, isto mostra o abandono das instalacións públicas por parte do goberno municipal. Digna Lagarón reclamou o arranxo desta sala “para ser usada en condicións óptimas polas familias que utilizan o servizo de pediatría”