O BNG reclámalle un compromiso a Feijóo e a Sánchez para garantir o emprego da Mariña

TerraChaXa | LugoXa
A portavoz parlamentaria Ana Pontón trasladou o apoio e a solidariedade do BNG aos traballadores e traballadoras de Alcoa e a toda a comarca da Mariña “que están nun momento decisivo”.
73370534_2460426710867385_4667539873383579648_n
5 Out 2020

A portavoz parlamentaria Ana Pontón trasladou o apoio e a solidariedade do BNG aos traballadores e traballadoras de Alcoa e a toda a comarca da Mariña “que están nun momento decisivo”. En San Cibrao, xunto cunha delegación do BNG, insistiu en que a solución para manter o emprego é a intervención pública de Alcoa.

En declaracións aos medios durante a visita, expresou que a multinacional xa demostrou nos últimos tempos que “a súa folla de ruta é moi clara, que o seu plan é pechar esta factoría única e exclusivamente por decisións empresariais”. Así, emprazou o Goberno galego e o Goberno español a estar á altura, “porque teñen na súa man manter o emprego e a actividade”.

“A solución é moi clara, como defendeu o BNG nos últimos meses: unha intervención pública, unha nacionalización, que garanta que as cubas non pechan e que a comarca vai seguir tendo futuro”, afirmou Ana Pontón.

Así, reclamoulle a Sánchez e a Feijóo “que deixen de esconderse e dean a cara, que se poñan á altura do que demanda esta comarca que é a nacionalización de Alcoa”. Segundo explicou, os gobernos están parados desde hai unha semana despois de que a multinacional detivo a oferta de compra. Para o BNG, está claro que Alcoa está nunha posición onde quere consumar o seu propósito de paralizar esta planta, cando o que lle interesa aos galegos e galegas é seguir a producir e manter a industria, porque isto é vital nunha comarca como a da Mariña, sinalou.

Así, anunciou que este mércores o BNG vai formularlle unha pregunta ao presidente da Xunta no Pleno do Parlamento “para reclamarlle un compromiso, porque xa non é o momento das palabras; é o momento dos feitos”, afirmou. “Ese compromiso debe ser a nacionalización de Alcoa para garantir o emprego e o futuro”, engadiu.

“Desde o BNG imos facer toda a presión institucional necesaria para que isto sexa así porque é evidente que non se pode permitir que os gobernos non actúen coa contundencia que esixe un momento crítico coma este, pois son máis de 1.000 empregos directos e o futuro dunha comarca, nun momento

time conversion 3255133_1280
0.078905820846558