O BNG solicita a reposición de papeleiras nas rúas de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A excaseza de papeleiras nas rúas afecta, xa non só pola molestia de andar buscándoas senón que tamén na limpeza das rúas ao non atopalas, ou que cando o fan, en bastantes ocasións están a rebosar.
3 sep 2020

A excaseza de papeleiras nas rúas afecta, xa non só pola molestia de andar buscándoas senón que tamén na limpeza das rúas ao non atopalas, ou que cando o fan, en bastantes ocasións están a rebosar.

Entre a falta destas e as que se foron deteriorarondo que non foron substituidas, a ausencia destes pequenos contenedores de lixo é clara en todo o concello, en especial, nas rúas do casco de Viveiro onde vemos que incluso bares e tendas están a improvisar poñendo papeleiras no exterior dos seus estabelecementos.

Polo que desde o BNG solicitamos unha maior constancia no baleirado das mesmas así como a reposición e instalación de máis papeleiras nas zonas de mais afluencia e de insuficiencia das mesmas como é no caso das rúas Pastor Díaz, a da Zapatería, Margarida Pardo de Cela, entre outras moitas.

0.16378092765808