O BNG tilda de decepcionantes os orzamentos da Xunta

TerraChaXa | LugoXa
A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que as liñas do proxecto de orzamentos que onte presentou o presidente da Xunta son “decepcionantes, sen proxecto de país, o mellor retrato dun Feixóo e dun PP esgotados sen alternativas económicas”.
20 Oct 2019

A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que as liñas do proxecto de orzamentos que onte presentou o presidente da Xunta son “decepcionantes, sen proxecto de país, o mellor retrato dun Feixóo e dun PP esgotados sen alternativas económicas”.

Con 6.000 postos de traballo en xogo só no sector industrial, este proxecto de contas públicas non inclúe nin unha medida para facer fronte a esta crise e tampouco hai unha reversión dos recortes no ámbito social, -criticou-. Só en atención primaria, 2.000 millóns de euros menos o longo da década de goberno do PP, e este orzamento “continúa coa mesma política que está poñendo a sanidade pública contra as cordas”.

Pontón lamentou que a gran proposta do Executivo sexa a celebración do vindeiro ano santo.  “A receita máxica é teimar en encomendarnos ao Xacobeo 2021, pero este país necesita unha estratexia produtiva, industrial e unha aposta pola innovación, solucións á crise industrial e darlle a volta a todos os recortes e privatizacións que deterioran a sanidade, o ensino ou a cobertura da dependencia”.

Ningún destes problemas vai ter solución cunhas contas públicas que son, -dixo-, “puro continuísmo,  cunha dose importante de propaganda e de autobombo pero que reflexan até que punto o proxecto político de Feixóo está esgotado e retrata o fin de ciclo do PP. O BNG vai estar aí para dar unha alternativa a partir do 2020”, concluíu.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15433812141418