O BNG urxe crear unha comisión parlamentaria para abordar os problemas do xabaril

TerraChaXa | LugoXa
19 Out 2019

A vicepotavoz do BNG, Olalla Rodil, advertiu sobre a solicitude para crear unha comisión parlamentaria sobre os graves problemas que está a ocasionar o xabaril e de maniera especial, no sector agrogandeiro. As perdas económicas polos danos desta especie son enormes e mentres isto acontece a Xunta de Galiza só responde “a golpe de improvisación”. 

Desde o BNG queremos que se aborde con seriedade e  rigor científico o problema do xabaril aplicando medidas axeitadas  máis alá de permitir a caza en 33 concellos calquera día da semana. 

Fan falta máis que escopetas e o que vemos é que a Xunta de Galiza é incapaz de estar á altura das circunstancias por iso cremos que  o Parlamento debe actuar, concluíu. 

0.17537999153137