O Bolechas falan da Constitución en Vilalba
O vindeiro xoves 6 de decembro, os Bolechas visitarán Vilalba, onde presentarán a súa obra Terrícolas. Igualiños, igualiñas. Trátase dun espectáculo participativo protagonizado polos Bolechas, cunha temática que xira arredor dos valores que promove a Constitución Española, que o próximo 6 de decembro cumprirá, 40 anos de vixencia.
Os Bolechas solicitarán a intervención do público en diferentes probas e establecerán un diálogo cos rapaces e rapazas acerca de valores como a igualdade, a non-discriminación ou a liberdade de expresión.
Espectáculo que pertence ao programa FalaRedes 2018 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión do Concello de Vilalba a Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.
Esta sesión única terá lugar no Auditorio Carmen Estévez a partir das 17:00h. Está dirixida principalmente a público familiar de entre 4 e 8 anos con entrada de balde.