O BOP recolle as bases para a nova edición das axudas da luz de Muras
O Boletín Oficial do Estado recolleu xa as bases da convocatoria das axudas ao pago da factura da luz que foron aprobadas no mes de xullo polo Pleno. O Concello destinará a este capítulo un total de 90.000 euros.
Nesta ocasión, ofrecen unha liña continuísta coas axudas outorgadas o ano anterior. Así haberá de novo dúas liñas de axudas, unha destinada aos autónomos, pequenas empresas ou explotacións agropecuarias radicadas no municipio, para subvencionarlles tamén o pago da factura da luz, cunha contía fixa de ata 1.500 euros.
Ademais, manterase a liña de sempre dirixida a subvencionar os gastos domésticos con unha subvención de ata 600 euros para cada familia. O que si cambia é que para chegar á máxima cuantía elévase o tope e este cobrarse en fogares con restas inferiores a 15.000 euros, cando antes eran para os de menos de 11.000 euros.
Estas novas axudas volverán convocarse no mes de febreiro, como vén sendo habitual no Concello, para cubrir os gastos do ano 2021.
O alcalde da localidade, Manuel Requeijo, manifestou que “estas axudas é o quinto ano que se aproban e está claro que están para quedarse e supoñen nestes momentos que vivimos unha axuda importante xa que por exemplo para un negocio pode supoñer a axuda o custe de dous meses de electricidade”.