O Burela anima a facerse cos carnés a prezos reducidos para ir ao fútbol esta tempada
Xa están dispoñibles os carnés 2019-20 para gozar das ligas de Primeira LNFS e RFEF, que arrincarán o sábado 14 en Vista Alegre. Unha tempada máis o Pescados Rubén Burela FS contará co apoio do Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro para agasallar os socios laranxas cun 10% de desconto no seu servizo de Wellness. O director do complexo, José Pereira, e o presidente burelista, Manuel Blanco, presentaron os abonos dende a terraza panorámica das instalacións.
Os novos socios poderán formalizar a súa solicitude cubrindo o formulario adxunto e facendo a entrega na sede do club (Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ou a través de burelafs@burelafs.org.
Como novidade, as altas de socio tamén se poderán tramitar online.
PREZOS DE ABONOS 2019-20
Os prezos para este ano serán de 20 euros para os cativos de 6 a 17 anos, de 50 para os de 18 a 25 anos, 70 euros para xubilados, 100 euros pagarán os abonos individuais e os máis cativos de ata 5 anos a entrada será de balde. Tamén haberá abonos familiares que este ano pagarán 160 euros, aínda que deben ser antigos socios.
ABONO PARA O CD LUGO. Esta tempada, os socios laranxas poderán gozar ademais do fútbol de Segunda División no Anxo Carro accedendo a un abono reducido, para 6 partidos ao longo de toda a tempada (Adult@ 50 euros// Infantil -5 a 14 anos- 15 euros- Fondo Sur), e con todas as vantaxes do socio do CD Lugo (Formulario adxunto).