O Burela FS alzouse co título do 4Nation Women's Cup de Milán

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
2 sep 2019

As Guerreiras cumpriron co seu primeiro obxectivo de 2019-20 brillando en Europa. O Pescados Rubén Burela FS alzouse co título do 4 Nation Women’s Cup de Milán esta tarde con vitoria de 3-8 sobre o anfitrión, Kick Off C5 Milano. A terceira praza foi para Budstar de Ucrania, con 4-7 sobre o ruso Lagoa Uor.

A finalización volveu reinar nas filas laranxas, aínda que se resistiu un pouco máis que no 2-9 da semifinal ante as rusas, cunha primeira parte moi igualada. Ale de Paz, ao segundo pau a pase de Jane tras roubo, e de Jenny Lores en xogada similar a pase de Lara Balseiro, puxeron o 0-2 en tan só un minuto, no 6. As anfitrioas responderon co empate, nas proximidades do ecuador do primeiro acto, con Debora de disparo afastado que golpeaba nunha defensora lucense, e falta afastada de Arianna. Bea Mateos enfundouse no xogo de cinco na recta final. A escasos 27 segundos do descanso, Jenny devolveu a vantaxe para as de Julio Delgado, en contragolpe.

Traso descanso, o Pescados Rubén ampliou a renda cun disparo que tocou en Arianna e máis tarde Jane e Peque. As italianas puideron recortar distancias de novo no 30 con xogada persoal de novo nas zapatillas de Debora.
Jenny Lores contestou pouco despois para anotar o sétimo. As anfitrioas optaron por porteira xogadora e Lara Balseiro aproveitou para anotar o definitivo 3-8.

Próximo obxectivo, Supercopa 

Tan só quedan cinco días para o próximo obxectivo das mariñás, no primeiro gran reto da tempada. O venres, ás 21.00 horas, as Raíñas pelexarán pola Supercopa de España fronte ao campión de liga, Futsi Atlético Navalcarnero, en Las Rozas. A presentación da cita terá lugar o martes, día 3, ás 17.30 horas, na sede da RFEF.

0.069082975387573