O burelés José Díaz presentará o seu novo libro 'Área 51' a través de facebook

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O escritor José Díaz presentará o seu novo libro titulado Área 51.
O burelés José Díaz presentará o seu novo libro 'Área 51' a través de facebook
23 Abr 2020

O escritor José Díaz presentará o seu novo libro titulado Área 51. Será este venres, 24 de abril, ás nove da noite a través de facebook.

O autor explica que “é un libro de relatos con diferentes temáticas que teñen que ver coa percepción que terían dos humanos se nos visen ou nos visitasen seres doutros planetas. Evidentemente é ficción, está escrito desde a ironía e desde o sentido do humor, que nestes tempos creo que vén ben. Está dividido en seis temáticas, leva a colaboración de Otto Treto como ilustrador e a editorial é Blau Verd, da comunidade valenciana”.

José Díaz comenta que “a idea inicial era presentalo en bares, cafeterías e locais de hostalería tanto en Galicia como fóra desta comunidade, pero agora non se pode facer polas circunstancias excepcionais que vivimos. Era a idea inicial para darlles unha pequena homenaxe a todos eses locais que houbo polo mundo enteiro onde moitos escritores inspiráronse para escribir os seus libros, desde Hemingway a Lord Byron, e en España autores da talla de Valle Inclán, Unamuno, Jacinto Benavente ou Pérez Galdós, etc”.

O escritor engade que “a presentación será por vía telemática, creo que vai ser como se van a ter que facer agora moitas cousas, e oxalá nos siga a xente. Convido a todos a seguir ese vídeo a través do meu perfil de facebook”.

0.12218999862671