O Buriz celebra un Magosto o sábado con actividades para toda a familia

TerraChaXa
O evento comezará ás 16.30 horas cunha xornada de animación infantil que se prolongará ata as 20:00
magosto
4 Nov 2025

A parroquia do Buriz acollerá o vindeiro 8 de novembro unha festa tradicional de Magosto, organizada pola comisión de festas.

O evento comezará ás 16.30 horas cunha xornada de animación infantil que se prolongará ata as 20:00 e na que se inclúe unha merenda. Para quentar motores terá lugar un concerto de Caivanca e a continuación haberá Foliada.

Dará comezo o esperado magosto, onde se ofrecerán de balde liscos, chourizos e castañas para todos os asistentes.

A festa contará ademais coa música do dúo Primera Línea, quen animará a xornada con temas para todos os gustos. Tamén haberá concursos, sorteos e outras sorpresas para garantir unha tarde e noite chea de diversión.

Esta celebración é unha excelente oportunidade para manter vivas as tradicións locais e gozar dun día de lecer en familia e en comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.073580026626587