O Buriz prepárase para a gran festa da Burizada 2025 deste sábado

TerraChaXa
A xornada arrancará coa sesión vermú a partir das 13:30 horas
burizada-2025
10 Mar 2025

O sábado 15 de marzo, o Campo da Festa do Buriz converterase no epicentro da celebración coa Burizada 2025, un evento que promete festa, boa comida e moita diversión para todas as idades.

A xornada arrancará coa sesión vermú a partir das 13:30 horas, amenizada con música e ambiente festivo. A continuación, servirase un completo menú composto por callos, costela asada, patacas, ensalada, sobremesa, café e licores. Os prezos para asistir á comida serán de 30 euros para os adultos, 15 euros para os nenos de 7 a 11 anos, e os menores de 6 anos poderán asistir de balde.

Durante a comida haberá sorteos e xogos, mentres que pola tarde será a ver do bingo e unha zona con inchables para que os máis pequenos tamén gocen da festa.

Xa pola noite, a celebración continuará cunha gran cea de chourizos e liscos "a fartar", asegurando que ninguén quede con fame.

O evento contará cunha carpa pechada con calefacción, e a música correrá a cargo do DJ Magick, que poñerá ritmo á festa ata altas horas.

As entradas poden retirarse ata o 12 de marzo nos puntos habituais, como a Taberna do Buriz e o Merendero, ou contactando con Toni (636 903 898), Jesús (626 09 875) ou Álex (606 169 816).

⚙ Configurar cookies
0.84241485595703