O Cádavo acollerá a súa Feira do Mel durante a fin de semana
TerraChaXa
O Cádavo, no Concello de Baleira, acollerá a súa tradicional Feira do Mel durante a fin de semana do 30 e 31 de outubro.
26 Oct 2021
O Cádavo acollerá a súa tradicional Feira do Mel, que este ano chega á cuarta edición, durante a fin de semana do 30 e 31 de outubro. Así, a xornada do sábado tan só contará cunha charla ás 18.00 horas sobre As novas enfermedades das abellas, que estará a cargo de Alberto Uría, apicultor e docente experto en pragas e tratamentos ecolóxicos.
Xa o domingo abrirase a feira ás 10.00 horas, e contará con talleres de degustación e catas de mel ata ás 13.00 horas. Haberá un espectáculo de Mamá Cabra para os pequenos e entregaranse os premios ás mellores meles.
Todos os anos programa inclúe diferentes actividades tanto formativas como lúdicas destinadas a apicultores e produtores malia este ano por mor da pandemia reduciuse o número de actos.