O campamento de Castro de Viladonga pecha a inscrición para a última quenda
O Castro de Viladonga pecha hoxe o prazo de inscrición da última quenda de agosto do campamento cultural que se celebra dende o 18 de xullo para nenos de 6 a 12 anos.
O obxectivo é favorecer a conciliación das familias desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. Denomínase campamento castrexo, é totalmente gratuíto.
O horario é de mañás, de 9.00 a 14.00 horas, e realízanse actividades moi interesantes e divertidas ao tempo que culturais para coñecemento do pasado como coñecemento do museo e do xacemento, obradoiros de natureza e ocio, visitas culturais, xogos, contso e lendas, etc.
O campamento conta tamén cun servizo de bus con diferentes puntos de recollida para aqueles nenos e nenas que non se poden achegar pola súa conta.
Todas as familias que esteades interesadas poden chamar ao museo ou neste enlace.