O Campionato de España de Motocross chega a Lugo
TerraChaXa | LugoXa
Lugo acolle o 25 e 26 de febreiro o Campionato de España de Motocross no Circuíto Municipal Jorge Prado.
5 Xan 2023
Lugo acolle o 25 e 26 de febreiro o Campionato de España de Motocross no Circuíto Municipal Jorge Prado. Unha importante cita a nivel e referencia en toda Europa que será a segunda carreira do calendario e a última cita antes do mundial.
As tres categorías estrela da elite nacional que competirán esa fin de semana en Lugo son MXGP, MX2 e 125, unha proba que acollerá cerca de 150 pilotos varios mundialistas que asistirán para preparar a tempada internacional.
Ademais estarán presentes tamén varios pilotos galegos de referencia mundial como Jorge Prado, Rubén Fernández e Yago Martínez.
As entradas para acudir a este campionato nacional xa están a venda con descontos ata o 31 de xaneiro. Os menores de seis anos poden entrar gratuitamente.