O campionato de España de seleccións de rugby 7 feminino encherá Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
Ribadeo agarda o 29 de xuño a centos de persoas que acodirán ao  campionato de España de seleccións autonómicas de rugby seven ou 7 feminino.
25 Xuño 2019

Ribadeo agarda o 29 de xuño a centos de persoas que acodirán ao  campionato de España de seleccións autonómicas de rugby seven ou 7 feminino. Doce equipos divididos en catro grupos van participar neste certame deportivo que ofrece unha oportunidade única de ver ás melloras xogadoras nesta modalidade dando ao millor de si mesmas no campo.
Tódolos partidos van disputarse no estadio municipal Pepe Barrera dende ás dez da mañá aproximadamente e ata case á noite. Nos primeiros cruces matutinos a selección galega vai medirse contra Murcia, País Vasco e Andalucía.
O campionato enfrontará ás actuais campioas, a selección galega, contra as seleccións das Federacións de Andalucía, Baleares, Castela e León, Cataluña, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco, Asturias, Cantabria e Valencia. 

0.094300985336304