O Campionato Galego de Velocidade de motociclismo regresa ás Pontes

TerraChaXa
Está organizada pola escudaría As Pontes MVR en colaboración co Concello, a Federación Galega de Motociclismo e a Xunta de Galicia
presentacion-campionato-galego-de-velocidade
23 May 2025

O circuíto das Pontes acollerá, durante esta fin de semana, unha nova proba do campionato galego de velocidade de motociclismo, organizada pola escudaría As Pontes MVR en colaboración co Concello das Pontes, a Federación Galega de Motociclismo e a Xunta de Galicia.

Elena López, concelleira de Deportes, durante a presentación desta proba deportiva, sinalaba a importancia deste evento, xa que ademais de ser puntuable para o Campionato Galego de Velocidade, forma parte do Campionato Interautonómico no que participan a Federación de Castela e León, a do País Vasco e a de Cantabria, ademais da Federación Galega.

Inocencio Moirón, presidente da escudería As Pontes MVR apuntaba que “aínda quedan seis probas máis do campionato galego, das cales dúas volverán celebrarse aquí nas Pontes” polo cal se amosaba moi orgulloso por poder exercer de anfitrión nestas xornadas e “a pesar de que esta fin de semana pode que o tempo non sexa o máis propicio para a práctica do motociclismo agardamos unha gran participación de pilotos”.

A concelleira de deportes Elena López concluía este acto de presentación agradecéndolle á escudaría As Pontes MVR o seu traballo, e convidaba á veciñanza a chegarse ao circuíto das Pontes para gozar do espectáculo da velocidade sobre dúas rodas.

⚙ Configurar cookies
0.16956996917725