O Campionato Xunta de Galicia de Karting 2025 será esta fin de semana nas Pontes

TerraChaXa
Nesta edición participarán as categorías Prerookie, Escola IRT, Rookie, Mini Novel, Mini, Júnior, Sénior, KZ e KZ2
campionato-karting-as-pontes
27 Mar 2025

O Circuíto Municipal das Pontes converterase no escenario principal do motor galego esta fin de semana, coa celebración do Campionato Xunta de Galicia de Karting 2025. Organizado pola Federación Galega de Automobilismo (FGA), este evento reunirá pilotos de diversas categorías nunha competición que promete emoción e velocidade.

Nesta edición participarán as categorías Prerookie, Escola IRT, Rookie, Mini Novel, Mini, Júnior, Sénior, KZ e KZ2. A programación arrincou os días 22 e 23 de marzo con adestramentos colectivos, que seguirán este venres, 28 de marzo, coas verificacións administrativas e novos adestramentos. O sábado será a quenda para as verificacións, os adestramentos colectivos, as primeiras carreiras da categoría Prerookie e o briefing oficial. Finalmente, o domingo celebraranse os adestramentos oficiais, os adestramentos cronometrados e as carreiras principais.

O evento conta co apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego e o Concello de As Pontes de García Rodríguez, reafirmando o compromiso destas institucións co karting autonómico. Para máis información, pódese visitar a web www.fga.es ou contactar co teléfono 675 985 223.

⚙ Configurar cookies
0.37910795211792