O campo da Igrexa Vella de Muimenta acollerá a película 'María Solinha'
TerraChaXa
O martes 1 de setembro, ás 21.
27 Ago 2020
O martes 1 de setembro, ás 21.15 horas, na campo da Igrexa Vella de Muimenta, poderase desfrutar da proxección da película María Solinha, do director Ignacio Vilar.
Estará o director da película que a presentará e despois dirixirá un pequeno coloquio entre os asistentes.
Un afamado director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.