O campo de tiro de Parga acollerá este mes novas manobras militares
TerraChaXa
O Campo de Manobras e Tiro de Parga acollerá unha vez máis unha serie de marchas topográficas levadas a cabo polo Exército da Armada.
17 Feb 2022
O Campo de Manobras e Tiro de Parga (Guitiriz) acollerá unha vez máis unha serie de marchas topográficas e exercicios de instrución levadas a cabo polas Unidades do Exército de Terra, o Batallón de Zapadores VIII.
Devanditas accións requiren o desprazamento polo exterior da propiedade militar. Estas marchas levaranse a cabo polo termo municipal do Concello entre o 21 e o 25 de febreiro.
Estas marchas, que teñen lugar todos os anos polas mesmas datas, avísanse con antelación para que poboación asuma ruidos e demais.