O campo de tiro de Parga acollerá este mes novas manobras militares
TerraChaXa
O Campo de Manobras e Tiro de Parga acollerá unha vez máis unha serie de marchas topográficas levadas a cabo polo Exército de Terra.
9 Out 2021
O Campo de Manobras e Tiro de Parga (Guitiriz) acollerá unha vez máis unha serie de marchas topográficas levadas a cabo polas Unidades do Exército de Terra.
Devanditas accións requiren o desprazamento polo exterior da propiedade militar. Estas marchas levaranse a cabo polo termo municipal do Concello entre o 17 e o 18 de outubro por parte do Batallón de Zapadores VII e o 25 deste mesmo mes polo batallón do Cuartel Xeral da Brigada Galicia VII.
Estas marchas, que teñen lugar todos os anos polas mesmas datas, avísanse con antelación para que poboación asuma ruidos e demais.