O campus de volei de Cervo foi un éxito

TerraChaXa | AMariñaXa
15 Xul 2019

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro cos participantes, o staff técnico, e o director do campus de Volei EntreNos, Nacho Mota, que se celebrou en San Ciprián.
Nesta primeira edición, organizada pola asociación Deportiva e Cultural EntreNos coa colaboración do Concello de Cervo, participaron corenta mozos e mozas de entre 10 e 16 anos, que tiveron a oportunidade de achegarse ou profundizar no mundo do volei, pero tamén desfrutaron de diferentes actividades complementarias como paddle surf, xornadas na piscina olímpica e diferentes visitas culturais, como a que tivo lugar no día de hoxe ao Museo do Mar de San Ciprián, onde se fixeron a foto de familia.
O domingo 14 de xullo foi a actividade de clausura e a entrega de diferentes premios, no Pavillón da Veiga.

0.18432807922363