O candidato nacionalista Daniel Castro pon en valor o potencial do medio rural

TerraChaXa | LugoXa
“Galiza ten un gran potencial no medio rural, é preciso poñer en marcha políticas públicas para fomentalo” dixo Daniel Castro
bng daniel castro visita taller instrumentos outeiro
23 Jun 2023

Visitou un obradoiro de construción de instrumentos musicais situado en Outeiro de Rei e unha explotación láctea en Friol.

O cabeza de lista do BNG ao Congreso, Daniel Castro, visitou un obradoiro de construcción de instrumentos musicais de Outeiro de Rei e unha explotación láctea en Friol. Daniel Castro destacou “o gran potencial do medio rural galego”, e afirmou que “é necesario mellorar as condicións de vida no medio rural, garantindo que as persoas que decidan deixar as cidades e emprender no rural conten con servizos públicos de calidade e poidan emprender”.

A relevancia da política en materia rural vai máis alá das persoas que viven no medio rural e afecta o conxunto da sociedade. Con todo é imprescindíbel ter como obxectivo que as persoas que viven no rural, nomeadamente as que traballan no sector agrario, obteñan niveis de renda, recoñecemento social e servizos que lles permitan vivir dignamente.

Entre as medidas concretas do BNG, figuran reducir impostos ás pequenas empresas e pasar do 25 ao 10% o Imposto de sociedades para todas as empresas con menos de cinco traballadores e cunha facturación inferior aos 2 millóns de euros anuais. “As grandes empresas e multinacionais en cambio, pagan porcentaxes ínfimos moi inferiores ao 25% usando mecanismos de evasión como as SICAVS, que propoñemos suprimir”, explicou Daniel Castro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.09240198135376