O candidato socialista de Rábade aposta por "seguir traballando con transparencia"

TerraChaXa | LugoXa
O candidato do PSdeG de Rábade , Alejandro Martínez, asegurou que seguirá “traballando con transparencia e polo intereses de todos e todas”.
psoe rabade candidatura
27 Maio 2023

O Tenente de Alcalde de Rábade e candidato á Alcaldía polo PSdeG, Alejandro Martínez, asegurou no encontro que mantivo este venres coa veciñanza, simpatizantes e compañeiros e compañeiras da agrupación socialista para pechar a campaña que seguirá “traballando por Rábade con transparencia e polo intereses de todos e todas”.

“Quero que o noso concello sexa o lugar no que queiramos vivir sempre, do que non teñamos que marchar nunca”, apuntou o socialista. Entre as súas propostas destacou unha nova licitación da recollida de lixo e a limpeza das rúas; crear un parque na Avenida de Vilalba, mellorar o alumeado no polígono industrial; ou a elaboración dunha ordenanza de tráfico para solucionar os problemas da veciñanza en zonas como a Prazuela, Bautista Núñez Varela e na praza 28 de Maio.

0.19390392303467