O canellón ribadense dende a Virxe do Camiño a avenida de Galicia estará alumeado

TerraChaXa | AMariñaXa
O canellón dende a Virxe do Camiño a avenida de Galicia estará alumeado
17 Dec 2020

O Concello de Ribadeo está a instalar alumeado no canellón que une a rúa Virxe do Camiño coa avenida de Galicia. A concelleira de Obras, Mónica Freire, subliña que o obxectivo é humanizar esa zona. O investimento ascende a 6.000 euros e os traballos quedarán listos estes días.

Este é un camiño moi usado pola veciñanza de Ribadeo e por iso dende o Concello quixeron dotalo de luz canto antes para que nesta época, na que os días son moi curtos, os peóns puideran pasar por alí con total seguridade.

O orzamento desta obra é de 6.000 euros e os traballos quedarán listos ao longo destes días. Nestas actuacións colocaranse tres luminarias de 40 vatios que serán regulables e con báculos de sete metros.

0.1576521396637