O Cargadoiro de Muras acada un novo récord con arredor de 100 exemplares vendidos na súa terceira edición

TerraChaXa
A actividade, impulsada polo Concello de Muras en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, tivo lugar no recinto habitual da Feira do Poldro da Gañidoira
cargadoiro-muras
1 Dec 2025

O cargadoiro celebrado este 30 de novembro en Muras converteuse no máis exitoso ata o momento, cunhas vendas que roldaron o cento de exemplares, a cifra máis alta das tres edicións organizadas ata a data. A actividade, impulsada polo Concello de Muras en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, tivo lugar no recinto habitual da Feira do Poldro da Gañidoira e congregou a gandeiros do municipio e doutras zonas próximas.

Esta iniciativa, xa consolidada, forma parte do programa municipal da Marca Muras, co obxectivo de apoiar ao sector primario e facilitar a comercialización do gando equino. A través deste cargadoiro, os criadores teñen a oportunidade de vender os seus poldros para recría directamente á asociación ACGEMA, garantindo unha saída estábel e segura para os animais.

As dúas primeiras edicións, celebradas en marzo e abril, xa foran cualificadas de exitosas, cun total próximo aos cen exemplares enviados a Navarra, nunha experiencia pioneira no termo municipal. Con este novo récord de participación, o cargadoiro reafírmase como unha ferramenta clave para o impulso do gando equino e o fortalecemento económico das explotacións locais.

⚙ Configurar cookies
0.07568097114563