O cartel do FIV engade a Miss Cafeína, Depedro e Siloé

TerraChaXa
O FIV de Vilalba vai completando o seu cartel e aos xa confirmados Dorian e La M.
21 Dec 2018

O FIV de Vilalba vai completando o seu cartel e aos xa confirmados Dorian e La M.O.D.A. súmanse Miss Cafeína, Depedro e Siloé, que actuarán no Escenario Mahou do festival os días 26 e 27 de abril.

Logo de chegar ás cotas máis altas de popularidade con Detroit, Miss Caffeína deu a coñecer fai unhas semanas Merlí, o primeiro single adianto do que será o seu cuarto álbum de estudo, Oh Long Johnson e que trata cuestións vitais e universais como o amor, a morte ou o medo ao diferente ou a autoaceptación. Oh Long Johnson gravouse no estudo Music Land de Avinyonet de Puigventós (Girona) e está sendo mesturado en Londres polo productor dos seus últimos traballos, Max Dingel.

Depedro está vivindo un dos momentos máis doces da súa carreira. O seu último traballo Todo va a salir bien só lle está traendo éxitos e alegrías. E é que este non é un disco de colaboracións ao uso. É unha oportunidade de volver interpretar parte do seu cancioneiro unha vez que as composicións pillaron o sabor da barrica de centos e centos de concertos. Así deberían de gravarse os discos, nunha soa toma logo de soar en ducias e ducias de lugares en todo o mundo. Juan Can, Coque Malla, Vetusta Morla, Luz Casal, Fuel Fandando ou Amparo Sánchez son algúns dos artistas que cociñaron este traballo a lume lento xunto a Jairo.

Completa esta tanda de confirmacións Siloé, un proxecto que naceu cun pé na prestixiosa Univesidad de Berklee e que bascula con naturalidade entre o pop de autor e o rock de guitarras; recibiu eloxios doutros músicos como Javier Limón, Carla Morrison, Xoel López ou Alejandro Sanz. Logo do seu debut fai dous anos con La Verdad, este 2018 chegou La Luz. O difícil reto de superar un disco que emocionou a tanta xente, Siloé liquidouno multiplicando as calidades que xa posuía a súa música. As novas cancións son intensas e cunha sensibilidade genuina, de novo con textos dun calado moi profundo. A instrumentación, precisa e vibrante, e uns arreglos moi ben elixidos nos que ha ter un gran peso Xavi Road, xa membro estable do grupo.

 

0.17442202568054