O castelo de Castrodouro acollerá dous recitais de Manuel Lourenzo
O actor, dramaturgo e autor de Valadouro Manuel Lourenzo regresa cada pouco á súa terra natal, feito que lle brinda a oportunidade os seus veciños de poder aproveitar a súa capacidade artística. Deste xeito, no aledaño municipio de Alfoz contan con el a miúdo para declamacións e recitais como os que ofrecerá os días 14 e 23 de agosto, na Torre de Pardo de Cela.
Lourenzo recitará textos de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enriquez, nun recital que leva por título 'Rexurdimento' e que interpretará ás 19 horas do vindeiro día 14 de agosto, na Fortaleza alfocense.
Á mesma hora, ás sete da tarde, e no mesmo lugar, o castelo de Castrodouro, pero o 23 de agosto, Manuel Lourenzo ofrecerá outro recital titulado 'Materna', baseado en textos de Xesús Pisón.
O Concello de Alfoz, co apoio da Deputación de Lugo, promoven estos recitais.