O Castiñeiro Milenario celebrará o. día 1 de xuño oa tradicional Foliada de Primavera
O sábado 1 de xuño, no local do pobo da Asociación Veciñal do Castro en Begonte e a partir das 18.30 horas dará comezo o Maio de Castiñeiro Milenario.
A actividade comezará cun paseo para apañar flores, fentos e xestas para facer un maio bonito e xeitoso. Dirixidos pola meiga da Primavera, Branca Villares, farán un maio e cantarán unhas pezas ao redor del, nenos, nenas e maiores todos xuntos para dar a benvida á primavera e dicir adeus, por fin, "a este eterno e gris inverno".
Despois haberá uns petiscos para empezar unha nova edición da Foliada de Primavera. A partir das nove e media, comezará a festa coa foliada que contará coa presenza dos grupos, Proxecto Consoante, Treitoira e Mestura de Nete. Continuará con foliada aberta ata que o corpo aguante.
O colectivo invita á veciñanza a acudir ao evento cun instrumento.
"Queremos agradecer, como sempre, a Branca Villares, a súa total entrega nesta historia, os maios sen ela, non serían o mesmo e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro por cedernos o local para facer esta gran festa da primavera", din desde a organización.