O Castiñeiro Milenario presenta a súa propia cervexa

TerraChaXa
Desde hai anos a asociación Castiñeiro Milenario ten realizado numerosas actividades relacionadas co mundo da cervexa artesá.
cervexa
22 Maio 2018

Desde hai anos a asociación Castiñeiro Milenario ten realizado numerosas actividades relacionadas co mundo da cervexa artesá. Fixeron cursos de elaboración, visitas a obradoiros, catas e maridaxe e, dende hai un tempo, a asociación ten a teima de facer a súa propia cervexa. Grazas á colaboración con Alberto Curiel de cervexa Aloumiña, e logo de varias probas e experimentos, creouse a cervexa do Castiñeiro Milenario.

A presentación vai ser o sábado 26 de maio a partir das 18:30, no propio obradoiro da cervexería situado na rúa Tinería, nº 22 (Lugo). Ademais, durante a presentación contaran coa música tradicional dos Foliadeiros do Castro e de Xaora, que van ser os encargados de poñer a banda sonora ao evento.

A 27373 é unha cervexa de trigo, que leva lúpulo Saaz, pela de laranxa e semente de coriandro, o que fai que sexa unha cervexa lixeira, doada de beber, ideal para os calorosos días de verán. Así que estades convidados a pasar unha boa tarde-noite no barrio da Tinería en Lugo, probando a begontesa cervexa e escoitando música tradicional.

presentacion_vf_web
0.18364787101746