O Castro de Saa finaliza a terceira excavación con numerosos achados
O Castro de Saa, na Pastoriza, agochaba un coidado sistema de drenaxe, segundo se desprende das terceira excavación levada a cabo neste lugar da parroquia de Baltar e que vén de rematar.
O arqueólogo que dirixiu a escavación, Emilio Ramil, atopara anteriormente un canal de desaugue pero nesta ocasión atoparon que pasa por debaixo da muralla ampliándose a un complexo sistema que evitaba que a auga entrase nas casas.
Outro dos achados é unha escaleira na muralla, así como catro tipos de pavimentos de distintas épocas, novas estruturas e unha zona porticada. A isto hai que sumar tamén os fragmentos de cerámica atopados, pesas de tear e bronces.
O arqueólogo explica que nas primeiras conclusións o castro tivo unha ocasión de 400 anos e deberán continuar coas excavacións. A intención é dirixirse ata o oeste e continuar coa muralla.