O Castro de Viladonga acolle un curso de cestería de colmo

TerraChaXa
Os días 16 e 17 de novembro, o Museo do Castro de Viladonga organiza un obradoiro de cestería de colmo.
IMG_4141
9 Nov 2019

Os días 16 e 17 de novembro, o Museo do Castro de Viladonga organiza un obradoiro de cestería de colmo. A primeira xornada, que terá ún horario de 11 a 14 horas e de 16 a 17, servirá para identificar e recoller materiais cesteables na contorna do castro, recoller e procesar a silva.

A continuación, o domingo 17, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas, os participantes aprenderán a técnica de cosido en espiral.

Os interesados en participar deberán inscribirse nos teléfonos 982 870 160 e 982 877 0159. Terán prioridade as persoas que non teñen realizado o obradoiro na edición anterior.

Os asistentes deben traer mandil, luvas, navalla e punzón, a poder ser de madeira. Tamén se pode levar a comida para xantar no museo.

0.16239500045776