O Castro de Viladonga acolle un obradoiro de tecido

TerraChaXa
O Castro de Viladonga acollerá a fin de semana do 14 e 15 de decembro un obradoiro de tecido entre as 16:00 e as 20:00 horas en cada unha das dúas xornadas.
72139610_2143971672575822_2435261695375966208_o
7 Dec 2019

O Castro de Viladonga acollerá a fin de semana do 14 e 15 de decembro un obradoiro de tecido entre as 16:00 e as 20:00 horas en cada unha das dúas xornadas.

O taller estará a cargo de Clío Reconstrucción Histórica, unha asociación cultural sen ánimo de lucro, que nace froito do interese polo estudo da cultura e costumes dos pobos que habitaron o noroeste peninsular e a súa evolución na historia.

Na primeira xornada falarase do proceso de elaboración do tecido na antigüidade e urdiranse pequenos teares aprendendo os principais patróns empregados no mundo antigo. A segunda xornada estará dedicada ao tinguido.

Hai un aforo máximo de 10 persoas e os interesados en incribirse deben facelo no teléfono 982 870 160.

0.080135107040405