O Castro de Viladonga acolle un obradoiro sobre xoguetes

LugoXa | TerraChaXa
Estará a cargo de Xotramu, que achegará ás familias a tradición lúdica galega
obradoiro-de-xoguetes-castro
8 Dec 2024

O sábado 14 de decembro, o Museo do Castro de Viladonga acollerá un obradoiro familiar centrado na creación de xoguetes e a recreación de xogos populares. A actividade, que será impartida por Manolo García e Kiko Darriba, de Xotramu, terá lugar de 11:30 a 13:30 horas e contará cun máximo de 20 participantes.

Esta proposta busca achegar ás familias a tradición lúdica galega, fomentando a aprendizaxe interxeracional a través de técnicas artesanais e xogos populares. Aprenderase a construír xoguetes con cousas da natureza. A inscrición pode realizarse chamando ao 982 870 160.

Organizado pola Xunta de Galicia, este obradoiro é unha excelente oportunidade para revivir a cultura popular nun espazo emblemático como o Museo do Castro de Viladonga.

0.17724108695984