O Castro de Viladonga acolle un taller de cestaría tradicional en novembro
TerraChaXa | LugoXa
Xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de cestaría con colmo e silva que se celebrará os días 11 e 12 de novembro no Castro de Viladonga.
23 Out 2023
Xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de cestaría con colmo e silva que se celebrará os días 11 e 12 de novembro no Castro de Viladonga.
O taller será impartido pola cesteira Lola Tourón Río e terá horario de mañá e tarde o sábado (11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas) e só de mañá o domingo.
Para inscribirse deberán chamar ao teléfono 982 870 160.
Hai 15 prazas e accederase ao obradoiro por rigoroso orden de chamada. En caso de ter moita demanda terán prioridade aquelas persoas que nunca teñan feito ningún taller de cestería neste museo e de seguir tendo máis de 15 persoas terán preferencia aquelas que durante este ano 2023 non teñan feito ningún taller con nós.