O Castro e o Burela buscan esta semana unha praza nos cuartos da Copa da Raíña de fútbol sala

Os dous equipos femininos da provincia que están na máxima categoría do fútbol sala disputarán esta semana a terceira eliminatoria que dá dereito a entrar en cuartos de final da Copa da Raíña.
O primeiro será o FSF Castro Bloques Cando, que recibirá no Municipal ao barcelonés Laínco Rubí FS. Será este martes, ás 20.30 horas.
O mércores 18 será a vez do Pescados Rubén Burela, ao que lle toca viaxar para enfrontarse ao Almagro ás 20.30 horas.
A vitoria significará entrar nos cuartos de final da competición, que terá lugar o 2 de maio.
O equipo chairego superou na segunda eliminatoria, celebrada no mes de novembro, ao Intersala Zaragoza por 1-3, mentres que o burelao goleou ao Bembrive 1-8 a domicilio.