O Castro FSF debuta na Primeira feminina cun empate na casa

TerraChaXa | LugoXa
Magnífico debut do Castro FSF na primeira categoría do fútbol sala feminino nacional, á que ascendeu a pasada tempada para acompañar ao Burela.
fsf castro futbol sala
18 sep 2023

Magnífico debut do Castro FSF na primeira categoría do fútbol sala feminino nacional, á que ascendeu a pasada tempada para acompañar ao Burela.

As chairegas lograron un empate a 3 na casa ante o Ourense Ontime. Lograron impoñerse as vermellas a cada gol que metía o rival e aguantaron os cinco minutos finais coa porta pechada para impedir a vitoria da rival.

Moita igualadade na cancha e moita calidade das locais que amosaron o merecido do ascenso. O primeiro gol para o equipo nesta categoría foi para Patricia Corral, seguido do gol da capitana, Luisa Mayara, e pechou o triplete Daniella Sousa.

Tamén xogaron Area, Antía, Lucía, Jenifer, Verónica e Raquel.

Importante asistencia de público que apoiou ás vermellas nesta xornada de debut no que sumaron xa o primeiro punto.

0.19815611839294