O Castro FSF refórzase coa xogadora brasileira María Clara Soares

LugoXa | TerraChaXa
Achegará tamén experiencia internacional, xa que formou parte da selección brasileira absoluta e proclamouse campioa do mundo universitaria en China no ano 2024
_maria-clara-fichaxe-castro-fsf
29 Dec 2025

O FSF Castro Cando anunciou este domingo a incorporación da nova xogadora brasileira María Clara Soares Rodrigues, un reforzo de calidade co que o conxunto chairego busca dar un salto competitivo nesta segunda parte da tempada.

Con só 22 anos, María Clara é unha futbolista polivalente zurda que pode actuar tanto como á como no posto de pivote, destacando pola súa rapidez, fortaleza física e capacidade ofensiva. Segundo destacou o propio club no comunicado feito público, trátase dunha xogadora "con gran visión de xogo, bo disparo e unha marcada intensidade defensiva, cualidades que encaixan á perfección no estilo do equipo".

Formada na ADEAF da súa Brasil natal, María Clara deixa o seu club de orixe tras nove anos, para afrontar este novo reto deportivo en Castro Cando, unha entidade que mantén obxectivos ambiciosos esta campaña. Entre eles atópanse asegurar a clasificación para o play off da Liga, asinar unha boa actuación na Copa da Raíña, xa con praza garantida para a fase final, e consolidar o crecemento deportivo do proxecto.

A chegada da xogadora brasileira prodúcese nun momento esixente para o club, que pretende manter o alto nivel mostrado na pasada tempada na Copa, cando quedou ás portas da final tras caer na quenda de penaltis ante o Melilla, que posteriormente disputaría o título co Burela FS.

María Clara achega tamén experiencia internacional, xa que formou parte da selección brasileira absoluta e proclamouse campioa do mundo universitaria en China no ano 2024, un aval que reforza aínda máis o valor desta incorporación.

⚙ Configurar cookies
0.070936918258667