O Catro Roldas ascende a Segunda Futgal tras golear ao Roupar

TerraChaXa
A entidade aproveitou a cita para render unha merecida homenaxe a Miguel Paz Forlín, un dos capitáns do equipo, que se despide despois de 15 tempadas
equipo-catro-roldas-ascenso
16 Mar 2026

O Catro Roldas certificou o seu ascenso a Segunda Futgal este domingo cunha contundente vitoria por 5-0 fronte ao Roupar na penúltima xornada de liga. O conxunto celebrou así un triunfo histórico que lle permite regresar a unha categoría na que xogou por última vez hai dez tempadas.

O partido estivo marcado polo gran nivel mostrado por todo o equipo, que dominou o encontro de principio a fin para lograr unha vitoria que quedará gardada na historia do club. Os goles chegaron da man de David Orosa e Pepe Cuadrado, que anotaron dous tantos cada un, mentres que José completou a goleada.

Este ascenso chega despois de varios anos nos que o equipo estivo moi preto de dar o salto de categoría. Tras varios intentos frustrados e ocasións nas que o obxectivo quedou ás portas, o Catro Roldas logra finalmente o premio ao traballo realizado ao longo das últimas tempadas.

O equipo pecha a liga, a falta dun partido, cun balance moi destacado: 13 vitorias, 2 empates e só 2 derrotas, números que explican a súa regularidade ao longo da competición.

Co ascenso xa asegurado na penúltima xornada, o Catro Roldas únese ao Mondoñedo, que tamén logrou a promoción tras recuperar a praza que perdera o pasado ano ao descender de Segunda Futgal.

Por detrás na clasificación quedan Muimenta, Abadín, Cazás e Rioveso, que disputarán os ‘play off’ de ascenso. Pola súa banda, o equipo de Vilalba aínda non ten confirmada a súa posición e terá que resolvelo na última xornada no encontro fronte ao Pol B.

O último partido da tempada na casa tivo tamén un momento especial para o club. A entidade aproveitou a cita para render unha merecida homenaxe a Miguel Paz Forlín, un dos capitáns do equipo, que se despide do Catro Roldas despois de 15 tempadas marcadas polo esforzo, o compromiso e a entrega coa camiseta do club.

0.12026000022888