O CD As Pontes cambia a Pepe Mariño por Iván Rodríguez á fronte do banco

TerraChaXa
Logo dunha desafortunada serie de resultados negativos, a xunta directiva do CD As Pontes e a dirección deportiva reuníanse esta semana co adestrador Pepe Mariño para, de mutuo acordo, optar pola non continuidade do adestrador no banco do primeiro equipo.
pepe marino ivan rodriguez as pontes
18 Feb 2024

Logo dunha desafortunada serie de resultados negativos, a xunta directiva do CD As Pontes e a dirección deportiva reuníanse esta semana co adestrador Pepe Mariño para, de mutuo acordo, optar pola non continuidade do adestrador no banco do primeiro equipo.

Dende o club agradecen "os seus servizos durante estes meses e desexámoslle a mellor das sortes no seu futuro deportivo e persoal".

Como consecuencia da baixa de Mariño e tendo en conta as xornadas restantes e a situación deportiva actual, a xunta directiva e máis en particular o presidente Xaime Castro, optaron por ofrecerlle o posto ao director deportivo Iván Rodríguez, home de club e coñecedor en profundidade do actual conxunto.

Iván compaxinará os seus labores de director deportivo coas de adestrador do primeiro equipo, sobreesforzo que o club "lle agradece enormemente" ao tempo que lle desexa moita sorte nas restantes xornadas de liga.

O CD As Pontes é antepenúltimo na táboa con 20 puntos en 21 xornadas e atópase en postos de descenso directo.

0.13477683067322