O CD As Pontes ficha a Rafael Casanova como adestrador

TerraChaXa
Para a nova tempada o CD As Pontes presentou o que será o novo adestrador do primeiro equipo. Rafael Casanova, natural de Friol, de 39 anos.
rafael casanova adestrador cd as pontes
17 Xul 2021

O CD As Pontes non puido co reto deste ano, que queda fóra da Terceira División o ano pasado ao non poder superar a fase de permanencia da categoría.

Deste xeito o equipo coruñés volve a Preferente, categoría que deixara no 2019 e que conservou a pasada tempada ao eliminar os descensos.

Para esta nova tempada o club presentou o que será o novo adestrador do primeiro equipo. Rafael Casanova, natural de Friol, de 39 anos, tomará as rendas do equipo logo dunha contrastada experiencia como adestrador de categorías inferiores do Ribadeo FC, equipo no que posteriormente daría o salto ó equipo senior colleitando resultados moi meritorios.

"Unha aposta por un técnico novo pero experimentado no que o clube deposita a mellor das ilusións", din dende o club.

O conxunto das Pontes non puido superar un ano complicado no que cambiou de adestrador a media tempada para intentar paliar os malos resultados que se estaban a dar.

Durante este ano o CD As Pontes non atopou a senda da vitoria e caeu derrotado na metade dos partidos que xogou sumando 7 empates e catro vitorias que só lle valeron para ser décimo na competición regular. Dentro do grupo pola permanencia, o conxunto rematou en penúltimo lugar e moi lonxe da salvación.

Con esta mala nova tamén se confirmou a baixa no club de Manuel Losada, Chollas, como adestrador da primeira plantilla.

“Marcha un formidable técnico que, pese a facerse cargo do equipo nunha situación compricada e contando con menos tempo de reacción do que puidera ter desexado, amosou unha gran profesionalidade que non podemos deixar de agradecerlle”, din no club.

0.16458010673523