O CD As Pontes organiza xornadas de portas abertas para o fútbol base

A partir de hoxe, luns 12 de maio, o CD As Pontes pon en marcha unha nova edición das súas xornadas de portas abertas dirixidas aos equipos de fútbol 8. Unha iniciativa pensada para que nenas e nenos de todas as idades poidan achegarse ás instalacións do club e experimentar de primeira man a convivencia, os valores e a diversión que ofrece o deporte en equipo.
As sesións estarán organizadas por categorías segundo o ano de nacemento. Para a categoría biberón (2019, 2020 e 2021), as actividades desenvolveranse os martes e xoves de 17:30 a 18:30 horas. A categoría prebenxamín (2017 e 2018) terá sesións os luns e xoves de 17:45 a 19:00 horas. Para a categoría benxamín (2015 e 2016), os adestramentos celebraranse os luns e mércores de 16:45 a 18:15 horas. Finalmente, a categoría alevín (2013 e 2014) terá actividade os martes e xoves de 17:00 a 18:15 horas.
Para máis información ou para resolver calquera dúbida, as familias poden contactar cos responsables da dirección deportiva do club: Iván Rodríguez (629 401 459) e Rubén Rivas (654 166 763).