O CD As Pontes presenta dous equipos femininos

TerraChaXa
O Club Deportivo As Pontes fixo a presentación oficial dos equipos femininos da entidade.
equipos femininos as pontes
27 sep 2023

O Club Deportivo As Pontes fixo a presentación oficial dos equipos femininos da entidade.

Por unha banda, o club conta cun conxunto alevín feminino promesas fútbol8, dirixido por Carlota Pena e Noelia Ameneiro. Un equipo de pequenas guerreiras que representa unha brillante esperanza no futuro do fútbol feminino do club.

Por outra, o conxunto feminino sénior, dirixido por Fran Cascudo e Álex Montero, retoma a competición este ano en fútbol11 para continuar a ser unha referencia no fútbol feminino comarcal, no que foi pioneiro no seu momento.

Foi un acto no que o presidente, Xaime Castro, amosou a súa ledicia por contemplar "un nutrido grupo de rapazas cheas de ilusión e ganas de representar a un club que apostou pola súa plena integración dende o primeiro momento".

Acompañaron ao presidente a concelleira de deportes Elena López e a concelleira de igualdade Tania Pardo, que manifestaron o compromiso do Concello das Pontes co deporte feminino en xeral e co fútbol en particular.

0.21176695823669