O CD Castro ascende a Preferente e o Abadín regresa a Segunda
A Terra Chá levouse esta fin de semana dos ascensos no fútbol afeccionado sénior. Así, o CD Castro volve á Preferente e o Abadín regresa á Segunda, categoría á que descendeu o pasado ano.
O CD Castro logrou o ascenso de forma directa este domingo tras vencer ao Pastoricense e perder o Atlético Escairón a domicilio. Deste modo, a falta dunha xornada, o club chairego, logra o pase directo á categoría superior, na que xogou varias tempadas anteriormente.
O equipo de Primeira intentouno xa o ano pasado, xogando os play off pero non puido ser e nesta ocasión logra o único posto de ascenso directo xa que o outro será por play off. Deste modo o Castro queda campión de grupo, polo de agora cinco puntos por riba do equipo do Saviñao.
Tamén ascendeu o Abadín, que xogará o ano que vén e Segunda Galicia, tras disputar este ano en Terceira, categoría á que descendeu o ano pasado.
O equipo abadinés logrou este ascenso tras disputar os play off no grupo norte de Terceira, tralo ascenso directo do Meira. Este domingo, venceu 2-4 ao Nuevo Nausti en Vilalba no partido de volta da final. No de ida empataron 1-1.
En Segunda, o Cospeito posiciónase tamén para o ascenso a Primeira Galicia, xa que disputa., xunto ao Guitiriz os play off. No partido de ida das semifinais o equipo cospeités venceu ao Folgueiro pola mínima mentres que o Guitiriz e o Iberia empataron.